viernes, 10 de diciembre de 2021

FIN DO OUTONO

PARA DAR POR REMATADO O OUTONO CON TODAS AS COUSAS QUE TIÑAMOS NO RECANTO DESTA ESTACIÓN (FOLLAS, COCAS, CASTAÑAS, PIÑAS, MILLO,...) FIXEMOS UNHA BONITA COMPOSICIÓN.


 

viernes, 3 de diciembre de 2021

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.

 ENTRE TODO O ALUMNADO DO COLEXIO ACORDOUSE FACER UN MURAL CO LEMA "O CAMIÑO QUE NOS FAI IGUAIS" PROPOSTO PARA UN CONCURSO DA ONCE E NÓS NON QUIXEMOS QUEDAR ATRÁS E APORTAMOS TAMÉN O NOSO CARTEL CO LEMA:

"DIFERENTES CAPACIDADES, INFINITAS POSIBILIDADES"




















 






domingo, 25 de abril de 2021

CONTIDOS

CONTIDOS

 Os contidos que estamos a traballar son os seguintes:

- A letra r/rr e continuaremos co b, v, c, qu, g e j.

- Construción de frases sinxelas e espaciado entre palabras.

- Conciencia fonolóxica.

- Decenas e unidades, sumas e restas na recta numérica e cálculo mental.

- Conceptos espaciais; interior, exterior e borde.

- Os corpos xeométricos.

- Secuencias temporais.

- Resolución de problemas sinxelos

- Proxecto de arte

- A primavera

- Día do libro, día do neno e día da familia.

lunes, 8 de febrero de 2021

INFORME MES DE FEBREIRO

 Ola familias:

Neste mes de febreiro continuaremos traballando os contidos iniciados no mes de xaneiro e ampliaremos os seguintes:

- As letras l, s e t.

- A decena: descomposición, decenas exactas e traballo coa primeira decena.

- O entroido.

- Iniciamos o proxecto: Por que caen os dentes? 

Un saúdo.