jueves, 20 de enero de 2022

TRABALLO DESTA SEMANA

 Boas noites familias: En primeiro lugar espero que tod@s esteades ben, que os que tedes que deixar en casa os vos@s fill@s por estar en contacto con positivos o levedes o mellor posible.

Como algúns me preguntastes si vos podía enviar algo para facer na casa e así entreterse vou a explicarvos o traballo que estamos a facer esta semana.

En primeiro lugar coma sempre facemos a asamblea onde nos saudamos, falamos do día que fai, que día é hoxe,... e escoitamos unha canción dos bos días e outra dos días da semana. Logo pomos o nome do encargad@ e contamos cantas letras ten o seu nome e vemos si é un nome longo ou curto.

Os contidos que estamos a traballar esta semana son: ó número 2, a letra A e a cor azul. No enlace que tedes o final desta páxina podedes descargar as fichas que fixemos para que si queredes as fagan de maneira voluntaria pero para nada son obrigatorias. Así mesmo para que non as teñades que imprimir poñovos exemplos de que traballar, igualmente de forma voluntaria de cada un dos contidos.

- O número 2: de forma practica podedes xogar a que vos den 2 xoguetes, 2 froitas, 2 pezas de roupa,... e que fagan grupos de 2 en 2 de pompóns, canicas, coches, garavanzos,...

- Letra A: que nun conto que tedes pola casa sinalen as letras A, que busquen a letra A no folleto do super, nunha revista,...Escríbedelle os nomes da familia e que vos digan cales teñen A. Que repasen a letra A nunha bandexa con arroz, fariña,...

- A cor azul: que vos digan cousas azuis que hai pola casa, facede a caixa da cor azul, para iso dadelles unha caixa e que dentro metan xoguetes, obxectos,... de cor azul.

Con este traballo creo que é suficiente para repasar os contidos traballados, para a semana si hai nen@s que siguen confinad@s subireivos máis contidos e fichas pero sempre como digo para facer de maneira voluntaria, o que sí me gustaría que traballarades con eles é o seu nome posto que cando estemos casi tod@s na aula faremos un proxecto sobre o nome de cada un.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Unha aperta.

Caty

https://drive.google.com/drive/folders/1s1UcRgtR9vA2me5jJ9lXOv38t9myqDfQ?usp=sharing

No hay comentarios:

Publicar un comentario