martes, 25 de enero de 2022

TRABALLO SEMANA 24 - 28 XANEIRO

Bos días En primeiro lugar espero que tod@s sigades ben e que este días pasen o mellor posible. 

Igual que a semana pasada vou a poporvos unhas ideas para traballar na casa pero como xa sabedes é voluntario.

A nosa primeira rutina do día xa sabedes que é facer a asamblea. Esta semana cada un de vos seredes os encargados do día nas vosas casas.

O primeiro que podes facer é un debuxo teu e de seguido traballar co teu nome: compoñelo con letras móviles, repasalo con rotulador escrito nun papel ou pizarra, contar o número de letras, ver si é un nome longo ou curto,...

Despois podes seguir cas rutinas que facemos no cole

-Tachando os días no calendario.

-Ver o tempo que fai e debuxalo

-Tamén podemos escoitar cancións como: "Buenos días","los días de la semana " 

 Ademais esta semana seguiremos traballando os contidos da semana pasada: o número 2, a cor azul e a letra A. A continuación poñovos o enlace das fichas que estamos a facer na clase.

https://drive.google.com/drive/folders/1w9sC6c0kcfou4wPu6YZUaY4__gxUTNhX?usp=sharing

 Esta semana ademáis conmemoramos "O dia da paz" deixovos un enlace  co símbolo da Paz que poden colorear e picar para facer unha medalla, e a plantilla dun helicóptero para que o coloreen e poidades recortarllo e montalo como aparece na foto que vos envío. Enviovos tamen o enlace dun conto co que podedes falar sobre valores tan importantes como o dialogo, a resolución de conflitos,... e por útlimo o enlace  dunha canción.

https://drive.google.com/drive/folders/1N8sUbxqlX23d8MMEwtpwA-krxtHK5blt?usp=sharing


https://www.youtube.com/watch?v=cGkIkYImoZ4&t=213s

 CONTÁGIAME TU PAZ (Unai Quirós) - YouTube


  Moitas grazas pola vosa colaboración.

Unha aperta.

Caty.

 

 

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario